Acceso a convidados/as

Vd. ten a posibilidade de permitir convidados/as no seu curso.

Os convidados/as poderán entrar a partir da páxina de acceso, no botón "entrar como convidado/a".

Os convidados/as NUNCA teñen autorización para escribir nos cursos nos que entren.

Isto pode ser útil cando queremos que algún amigo/a vexa o noso traballo ou cando promovemos un curso e queremos que o alumnado poida entrar antes de subscribirse.

Existen dous tipos de acceso como convidado/a: con ou sen contrasinal. Os convidados/as, a diferenza do alumnado, terán que colocar o contrasinal de acceso cada vez que ingresen, o cal daralle a Vd. máis control sobre os convidados/as. Se o curso non ten contrasinal de acceso, calquera convidado/a poderá entrar cando o desexe.

Índice de todos os ficheiros de axuda
Língua na qual mostrar esta ajuda: English