Tipos de Foros

Hai varios tipos diferentes de foros, entre eles:

Un debate sinxelo. É simplemente un intercambio de ideas sobre un só tema, todo nunha páxina. Útil para debates curtos e moi concretos.

O foro Normal, para uso xeral. É un foro aberto no que calquera pode comezar un novo tema de debate cando queira. Este é o foro máis axeitado para uso xeral.

Cada persoa inicia un debate. Cada persoa pode formular un novo tema de debate (e todos/as poden responder). Esta modalidade é útil cando vostede quere que cada estudante comece, por exemplo, unha discusión sobre as súas reflexións sobre o tema da semana, e que todos os demais lle respondan.

Índice de todos os ficheiros de axuda
Língua na qual mostrar esta ajuda: English