Cada mensaxe pode cualificarse empregando unha escala baseada na teoría do coñecemento individualista e relacionado. Esta teoría pode axudarlle a observar as interaccións humanas desde un novo punto de vista. Describe dous xeitos diferentes nos que podemos avaliar e aprender sobre as cousas que vemos e oímos. Aínda que cada un de nós pode empregar estes dous métodos en diferente medida en momentos distintos, pode ser útil imaxinar a dúas persoas como exemplos: un é unha persoa que prefire adquirir coñecementos dun xeito basicamente individualista (Xoan) mentres que a outra prefire adquirilos entrando en relación con outros (Maruxa).
  • A Xoan gústalle permanecer tan 'obxectivo' como lle sexa posible, sen que lle inflúan os seus sentimentos e emocións. Cando entra en debate con outras persoas con ideas diferentes gústalle defender as súas propias, empregando a lóxica para atopar puntos febles nos argumentos do seu opoñente. É crítico coas novas ideas a menos que sexan feitos probados de fontes reputadas, como libros de texto, profesorado respetado ou a súa propia experiencia directa. Xoan adquire os coñecementos de forma moi individualista
  • Maruxa é máis sensible con outras persoas. Ela é experta en empatía e tende a escoitar e facer preguntas ata que sente que pode conectar e entender as cousas desde o seu punto de vista. Ela aprende intentando compartir as experiencias que atopa noutras persoas e que lle levan ao coñecemento. Ao falar con outros, evita a confrontación e intenta axudar á outra persoa se atopa o xeito de facelo, empregando suxestións lóxicas. María prefire coñecer de forma moi relacionada
¿Deuse conta de que nestes exemplos o individualista é un home e a persoa a quen lle gusta coñecer relacionada con outros é unha muller? Aínda que algúns estudos demostraron que estadisticamente isto tende a ser así, cada individuo pode estar en calquera parte do espectro entre estes dous extremos. Para un grupo de aprendizaxe colaborativa e eficaz o ideal é que todos poidamos empregar AMBOS xeitos de aprender. Nunha situación particular, como un foro en liña, unha simple mensaxe dunha persoa pode amosar unha das dúas características, ou incluso ambas. Alguén que polo xeral é moi comunicativo pode enviar unha mensaxe moi individualista, e viceversa. O propósito de cualificar cada mensaxe empregando esta escala é:
a) axudarlle a pensar sobre estes asuntos ao ler outras mensaxes b) proporcionar retroalimentación a cada autor/a acerca de como eles están sendo vistos polos demais
Os resultados non se empregan na avaliación do estudante, senón que axudan a mellorar a comunicación e a aprendizaxe.
No caso de que vostede estea interesado/a, aquí ten algunhas referencias a escritos dos autores/as que orixinalmente desenvolven estas ideas:
  • Belenky, M.F., Clinchy, B.M., Goldberger, N.R., & Tarule, J.M. (1986). Women's ways of knowing: the development of self, voice, and mind. New York, NY: Basic Books.
  • Clinchy, B.M. (1989a). The development of thoughtfulness in college women: Integrating reason and care. American Behavioural Scientist, 32(6), 647-657.
  • Clinchy, B.M. (1989b). On critical thinking & connected knowing. Liberal education, 75(5), 14-19.
  • Clinchy, B.M. (1996). Connected and separate knowing; Toward a marriage of two minds. In N.R. Goldberger, Tarule, J.M., Clinchy, B.M. &
  • Belenky, M.F. (Eds.), Knowledge, Difference, and Power; Essays inspired by “Women’s Ways of Knowing” (pp. 205-247). New York, NY: Basic Books.
  • Galotti, K. M., Clinchy, B. M., Ainsworth, K., Lavin, B., & Mansfield, A. F. (1999). A New Way of Assessing Ways of Knowing: The Attitudes Towards Thinking and Learning Survey (ATTLS). Sex Roles, 40(9/10), 745-766.
  • Galotti, K. M., Reimer, R. L., & Drebus, D. W. (2001). Ways of knowing as learning styles: Learning MAGIC with a partner. Sex Roles, 44(7/8), 419-436.

Índice de todos os ficheiros de axuda
Língua na qual mostrar esta ajuda: English