Preguntas de Múltiple Opción

En resposta a unha pregunta (a cal pode incluír unha imaxe) o alumno/a debe escoller entre múltiples respostas. Hai dous tipos de preguntas de múltiple opción: de resposta única e de resposta múltiple.

As preguntas de resposta única permiten escoller só unha resposta. Polo xeral, todas as cualificacións para esa pregunta deberían ser positivas.

As preguntas de resposta múltiple permiten escoller unha ou máis respostas. Cada resposta pode ter unha puntuación positiva ou negativa, de tal xeito que se se escollen TODAS as opcións non se obteña necesariamente unha boa cualificación. Se a puntuación total é negativa a cualificación total desta pregunta será cero. Teña coidado, pois é posible crear preguntas que teñan puntuacións superiores ao 100%.

Finalmente, cada resposta (correcta ou incorrecta) debe incluír a corrección. Esta corrección amosarase ao alumno/a ao carón de cada unha das súas respostas (se o exame se configura para amosar as respostas correctas).

Índice de todos os ficheiros de axuda
Língua na qual mostrar esta ajuda: English