Presentación


CEBEM é un centro de ensino con máis de 30 anos de antigüidade que comezou como centro dedicado ós Estudios Bancarios, Económicos e Mercantís, tomando precisamente o seu nome destas actividades, e cuxa finalidade foi dende o seu comezo a formación de profesionais na área administrativa, comercial e de xestión das empresas.


Na actualidade impártense tanto Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior coma ensinanzas relacionadas co Turismo a Administración de Empresas e as Novas tecnoloxías. Na nosa liña didáctica potenciamos metodoloxías motivadoras que respondan ós intereses dos alumnos e mailas alumnas mediante a aproximación non soamente ó seu entorno senón tamén ás súas expectativas.


O centro mantén unha estreita colaboración coas empresas do entorno, fundamentalmente coas do sector industrial e de servicios. Noso profesorado reúne unha completa cualificación ademais de ter unha longa experiencia profesional. Os nosos alumnos e alumnas forman parte de equipos directivos, executivos e profesionais asumindo responsabilidades na dirección, xestión e administración de moi diversas empresas destacando as hoteleiras, axencias de viaxes, compañías aéreas e outras empresas de transporte.

Volver