MP0439 Módulo profesional: empresa e Administración

_ Código: MP0439.

_ Duración: 123 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Describe as características inherentes á innovación empresarial en relación coa actividade de creación de empresas.

- CA1.1. Analizáronse as posibilidades de innovación empresarial (técnicas, mate riais, de organización interna e externa, etc.) como fontes de desenvolvemento eco nómico e creación de emprego.

- CA1.2. Describíronse as implicacións da innovación e da iniciativa  emprendedora na competitividade empresarial.

- CA1.3. Comparáronse e documentáronse experiencias de innovación empresarial, e valoráronse os factores de risco asumidos en cada unha.

- CA1.4. Definíronse as características de empresas de base tecnolóxica en relación cos sectores económicos.

- CA1.5. Enumeráronse iniciativas innovadoras que poidan aplicarse para a  mellora de empresas ou organizacións xa existentes.

- CA1.6. Analizáronse posibilidades de internacionalización dalgunhas empresas co mo factor de innovación.

- CA1.7. Procuráronse axudas e ferramentas públicas e privadas para a innovación, a creación e a internacionalización de empresas, e relacionáronse estruturadamente nun informe.

_ RA2. Identifica o concepto de empresa e de persoa empresaria, e analiza a súa forma xurídica e a normativa aplicable.

- CA2.1. Definiuse o concepto de empresa.

- CA2.2. Distinguiuse entre personalidade física e xurídica.

- CA2.3. Diferenciáronse empresas segundo a súa constitución legal.

- CA2.4. Recoñecéronse as características do empresario autónomo.

- CA2.5. Precisáronse as características de cada tipo de sociedade.

- CA2.6. Identificouse a forma xurídica máis adecuada para cada tipo de empresa.

- CA2.7. Identificáronse os tipos de franquías.

_ RA3. Analiza o sistema tributario español, e recoñece as súas finalidades básicas e as dos principais tributos.

- CA3.1. Definíronse os conceptos de tributo e de sistema tributario español.

- CA3.2. Relacionouse a obriga tributaria coa súa finalidade socioeconómica.

- CA3.3. Recoñeceuse a xerarquía normativa tributaria.

- CA3.4. Identificáronse os tipos de tributos.

- CA3.5. Discrimináronse as súas principais características.

- CA3.6. Diferenciouse entre impostos directos e indirectos.

- CA3.7. Identificáronse os elementos da declaraciónliquidación.

- CA3.8. Recoñecéronse as formas de extinción das débedas tributarias. 

-       CA3.9. Identificáronse as infraccións e as sancións tributarias.

_ RA4. Identifica as obrigas fiscais da empresa e diferencia os tributos aos que está su xeita.

- CA4.1. Definíronse as obrigas fiscais da empresa.

- CA4.2. Precisouse a necesidade de alta no censo.

- CA4.3. Definiuse o índice de actividades económicas

- CA4.4. Recoñecéronse as empresas suxeitas ao pagamento do imposto de activida des económicas (IAE).

- CA4.5. Recoñecéronse as características xerais do IVE e os seus réximes.

- CA4.6. Interpretáronse os modelos de liquidación do IVE e recoñecéronse os prazos de declaraciónliquidación.

- CA4.7. Recoñeceuse a natureza e o ámbito de aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).

- CA4.8. Formalizáronse os modelos de liquidación de IRPF, e recoñecéronse os pra zos de declaraciónliquidación.

- CA4.9. Identificáronse os elementos e a natureza do imposto de sociedades.

_ RA5. Identifica a estrutura funcional e xurídica da Administración, e recoñece os orga nismos e as persoas que a integran.

- CA5.1. Identificáronse as fontes do dereito administrativo.

- CA5.2. Identificouse o marco xurídico en que se integran as administracións públi cas.

- CA5.3. Recoñecéronse as organizacións que compoñen as administracións públicas.

- CA5.4. Interpretáronse as relacións entre as administracións públicas.

- CA5.5. Obtívose información das administracións públicas a través de diversas vías de acceso, e relacionouse esta información nun informe.

- CA5.6. Precisáronse as formas de relación laboral na Administración.

- CA5.7. Utilizáronse as fontes de información relacionadas coa oferta de emprego público para reunir datos significativos sobre esta.

- CA5.8. Identificáronse as funcións dos fedatarios públicos.

_ RA6. Describe os tipos e as características das relacións entre a cidadanía e a Adminis tración, e formaliza documentación que xurda desta.

- CA6.1. Definiuse o concepto de acto administrativo.

- CA6.2. Clasificáronse os actos administrativos.

- CA6.3. Definiuse o proceso administrativo, os seus tipos, as súas fases e os tipos de silencio.

- CA6.4. Precisáronse os tipos de contratos administrativos.

- CA6.5. Definiuse o concepto de recurso administrativo e diferenciáronse os seus ti pos.

- CA6.6. Identificáronse os actos recorribles dos non recorribles.

- CA6.7. Verificáronse as condicións para a interposición dun recurso administrativo.

- CA6.8. Precisáronse os órganos da xurisdición contenciosoadministrativa e o seu ámbito de aplicación.

- CA6.9. Relacionáronse as fases do procedemento contenciosoadministrativo. 

_ RA7. Realiza xestións de obtención de información e presentación de documentos ante a Administración, e identifica os tipos de rexistros públicos.

- CA7.1. Cumpríronse as normas de presentación de documentos ante a Administra ción.

- CA7.2. Recoñecéronse as funcións dos arquivos públicos.

- CA7.3. Solicitouse determinada información nun rexistro público.

- CA7.4. Recoñeceuse o dereito á información, á atención e á participación da cidada nía.

- CA7.5. Accedeuse ás oficinas de información e atención á cidadanía por vías como as páxinas web, os portelos únicos e a atención telefónica, para obter información salientable e relacionala nun informe tipo.

- CA7.6. Identificáronse e describíronse os límites do dereito á información relacio nados cos datos en poder da Administración sobre a cidadanía.

 

Contidos básicos

 

BC1. Características da innovación empresarial

_ Proceso innovador na actividade empresarial.

- Factores de risco na innovación empresarial.

- Diagnóstico de actitudes emprendedoras.

_ Perfil de risco da iniciativa emprendedora e da innovación.

_ Tecnoloxía como clave da innovación empresarial.

_ Internacionalización das empresas como oportunidade de desenvolvemento e innova ción.

_ Axudas e ferramentas para a innovación empresarial. Axudas institucionais públicas e privadas: asesoramento, financiamento de ideas, premios, etc.).

 

BC2. Concepto xurídico de empresa e de empresario

_ Conceptos de empresa e empresario.

_ Persoa física e xurídica.

_ Constitución da empresa: condición de empresario, personalidade xurídica e trámites.

Tipos de empresa.

_ O empresario autónomo.

_ Tipos de sociedades.

_ Aspectos que inflúen na elección da forma xurídica.

_ Franquía.

 

BC3. Sistema tributario

_ Sistema tributario español. Concepto e finalidade socioeconómica do tributo.

_ Xerarquía e normativa tributaria.

_ Principais características dos tributos.

_ Normas e tipos de tributos.

_ Clases de impostos.

_ Elementos da declaraciónliquidación.

_ Formas de extinción da débeda tributaria.

_ Infraccións e sancións tributarias.

 

BC4. Obrigas fiscais da empresa

_ Actividades empresariais e profesionais.

_ Declaración censual. Alta no censo de actividades económicas.

_ Índice de actividades económicas.

_ Imposto de actividades económicas.

_ Imposto sobre o valor engadido: tipos e réximes; liquidación.

_ Natureza, obxecto e ámbito de aplicación do IRPF. Formas de estimación da renda. Re tencións do IRPF.

_ Modelos e prazos de declaraciónliquidación.

_ Natureza e elementos do imposto de sociedades.

 

BC5. Estrutura funcional e xurídica da Administración

_ Dereito: as súas fontes. Separación de poderes.

_ Marco xurídico das administracións públicas.

_ Estrutura da Administración: órganos e institucións da Unión Europea e das adminis tracións central, autonómica e local.

_ Principios das relacións entre as administracións públicas.

_ Sistemas de información das administracións públicas.

_ Emprego público: funcionariado.

_ Fontes de información relacionadas coa oferta de emprego público.

_ Fedatarios públicos.

 

BC6. Relacións entre a cidadanía e a Administración

_ Acto administrativo.

_ Silencio administrativo.

_ Contratos administrativos.

_ Procedemento administrativo: as súas fases.

_ Recursos administrativos.

_ Xurisdición contenciosoadministrativa.

 

BC7. Xestión da documentación ante a Administración

_ Documentos na Administración.

_ Arquivos públicos.

_ Rexistros públicos.

_ Dereito á información, á atención e á participación da cidadanía.

_ Vías de obtención de información e de atención á cidadanía.

_ Límites do dereito á información.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de apoio administrativo ás tarefas que se leven a cabo na empresa, polo que se refire ás súas obrigas fiscais e á súa relación con organismos públicos.

Esta función abrangue os seguintes aspectos:

- Apoio administrativo na elaboración de documentos referidos á fiscalidade da em presa.

- Apoio administrativo na relación da empresa cos organismos públicos.

 

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse nas seguintes funcións:

- As desenvolvidas nas empresas canto á documentación comercial e fiscal, e nas re lacións coa Administración.

- As desenvolvidas en empresas de servizos de asesoría en relación ao apoio adminis trativo da xestión documental de impostos, permisos e trámites.

 

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), m), q), r), s), t) e u) do ciclo formativo, e as competencias a), m), ñ), o) e p).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Manexo de fontes de información sobre o coñecemento dos tipos de empresas e as administracións con que se relacionan.

- Identificación da normativa fiscal das operacións comerciais e contables que afecten a empresa.