_ Código: MP0440.
_ Duración: 267 horas.
Unidade formativa 1: operatoria de teclados
_ Código: MP0440_13.
_ Duración: 69 horas.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
_ RA1. Procesa textos alfanuméricos nun teclado estendido aplicando as técnicas meca nográficas.
- CA1.1. Organizáronse os elementos e os espazos de traballo.
- CA1.2. Mantívose a posición corporal correcta.
- CA1.3. Identificouse a posición correcta dos dedos nas ringleiras do teclado alfanu mérico.
- CA1.4. Precisáronse os requisitos básicos dun equipamento informático e as fun cións de posta en marcha do terminal informático.
- CA1.5. Empregáronse coordinadamente as ringleiras do teclado alfanumérico e as teclas de signos e puntuación.
- CA1.6. Utilizouse o método de escritura ao tacto en parágrafos de dificultade pro gresiva e en táboas sinxelas.
- CA1.7. Utilizouse o método de escritura ao tacto para realizar textos nas linguas propias e en linguas estranxeiras.
- CA1.8. Controlouse a velocidade (mínimo de 350 ppm) e a precisión (máximo du nha falta por minuto), coa axuda dun programa informático.
- CA1.9. Aplicáronse as normas de presentación dos documentos de texto.
- CA1.10. Localizáronse e corrixíronse os erros mecanográficos.
Contidos básicos
BC1. Procesamento de textos alfanuméricos en teclados estendidos
_ Postura corporal ante o terminal.
_ Requisitos básicos e posta en marcha dun terminal informático.
_ Colocación dos dedos.
_ Desenvolvemento da destreza mecanográfica de escritura ao tacto:
- Escritura de palabras simples.
- Escritura de palabras de dificultade progresiva.
- Maiúsculas, numeración e signos de puntuación.
- Copia de textos con velocidade controlada.
- Escritura de textos nos idiomas propios e en idiomas estranxeiros
_ Corrección de erros.
Unidade formativa 2: ofimática
_ Código: MP0440_23.
_ Duración: 160 horas.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
_ RA1. Utiliza as funcións básicas dos sistemas operativos habituais na xestión e na pro cura de cartafoles e ficheiros, compartindo e actualizando recursos.
- CA1.1. Determináronse os principios de organización dos sistemas operativos a tra vés dos ficheiros e os cartafoles que os integran, utilizando esquemas en función da súa xerarquía.
- CA1.2. Distinguíronse as funcións básicas dos sistemas operativos na xestión de fi cheiros e cartafoles.
- CA1.3. Diferenciouse entre as aplicacións de xestión de ficheiros propios dun siste ma operativo e o resto de aplicacións que se inclúen dentro del.
- CA1.4. Explicáronse as prestacións fundamentais do sistema operativo que permiten procurar, arquivar e manter a seguranza, a integridade e a confidencialidade da in formación.
- CA1.5. Manexáronse sistemas operativos monousuario e multiusuario.
_ RA2. Instala e actualiza aplicacións informáticas relacionadas coa tarefa administrativa, e razoa os pasos seguidos.
- CA2.1. Identificáronse os requisitos mínimos e óptimos para o funcionamento da aplicación.
- CA2.2. Identificáronse e establecéronse as fases do proceso de instalación e actuali zación.
- CA2.3. Respectáronse as especificacións técnicas do proceso de instalación.
- CA2.4. Configuráronse as aplicacións segundo os criterios establecidos.
- CA2.5. Documentáronse as incidencias e o resultado final.
- CA2.6. Solucionáronse problemas na instalación ou na integración co sistema in formático.
- CA2.7. Elimináronse e/ou engadíronse compoñentes da instalación no equipamento.
- CA2.8. Respectáronse as licenzas de software.
_ RA3. Elabora documentos e patróns manexando opcións da folla de cálculo tipo.
- CA3.1. Utilizáronse diversos tipos de estilos.
- CA3.2. Utilizáronse diversos tipos de datos e referencias para celas, rangos, follas e libros.
- CA3.3. Aplicáronse fórmulas e funcións.
- CA3.4. Xeráronse táboas dinámicas e modificáronse gráficos de diferentes tipos.
- CA3.5. Empregáronse patróns e asistentes.
- CA3.6. Empregáronse macros para a realización de documentos e patróns.
- CA3.7. Importáronse e exportáronse follas de cálculo creadas con outras aplicacións e noutros formatos.
- CA3.8. Utilizouse a folla de cálculo como base de datos: formularios, creación de listas, filtraxe, protección e ordenación de datos.
- CA3.9. Utilizáronse aplicacións e periféricos para introducir e imprimir textos, nú meros, códigos e imaxes.
- CA3.10. Traballouse en grupo cumprindo as normas de seguridade e integridade da información.
_ RA4. Elabora documentos de textos utilizando as opcións dun procesador de textos ti po.
- CA4.1. Utilizáronse as funcións, as prestacións e os procedementos dos procesado res de textos e da autoedición.
- CA4.2. Identificáronse as características de cada tipo de documento.
- CA4.3. Redactáronse documentos de texto coa destreza adecuada, aplicando as nor mas de estrutura.
- CA4.4. Utilizáronse diversos tipos de estilos.
- CA4.5. Confeccionáronse patróns adaptados aos documentos administrativos tipo.
- CA4.6. Integráronse obxectos, gráficos, táboas, follas de cálculo, hiperligazóns, etc.
- CA4.7. Detectáronse e corrixíronse os erros cometidos.
- CA4.8. Recuperouse e utilizouse a información almacenada.
- CA4.9. Utilizáronse as funcións e as utilidades que garantan as normas de segurida de, integridade e confidencialidade dos datos.
- CA4.10. Traballouse en grupo comparando documentos e versións, verificación de cambios, etc.
- CA4.11 Elaboráronse macros adaptadas aos documentos administrativos.
_ RA5. Realiza operacións de manipulación de datos en bases de datos ofimáticas tipo.
- CA5.1. Identificáronse os elementos das bases de datos relacionais.
- CA5.2. Creáronse bases de datos ofimáticas.
- CA5.3. Utilizáronse as táboas da base de datos (inserir, modificar e eliminar rexis tros).
- CA5.4. Utilizáronse asistentes na creación de táboas e consultas, formularios e in formes.
- CA5.5. Realizáronse procuras e filtraxes sobre a información almacenada.
- CA5.6. Aplicáronse macros en operacións repetitivas.
Contidos básicos
BC1. Utilización das funcións básicas dos sistemas operativos habituais
_ Elementos de navegación ou exploración nun sistema operativo, e funcións básicas de exploración.
_ Xestión de ficheiros e cartafoles
_ Programas propios do sistema operativo e os que se poidan incluír nel.
_ Prestacións fundamentais do sistema operativo.
_ Redes locais.
_ Contornos de usuarios.
BC2. Instalación e actualización de aplicacións
_ Tipos de aplicacións ofimáticas.
_ Tipos de licenzas de software.
_ Necesidades dos contornos de explotación.
_ Requisitos das aplicacións.
_ Compoñentes e complementos das aplicacións.
_ Procedementos de instalación, configuración e actualización.
_ Diagnóstico e resolución de problemas.
_ Técnicas de asistencia ao usuario
BC3. Elaboración de documentos e patróns mediante follas de cálculo
_ Estilos.
_ Introdución á folla de cálculo: contorno de traballo, celas, rangos, libros, ringleiras, co lumnas e formatos.
_ Uso de fórmulas e funcións.
_ Creación de táboas e gráficos dinámicos.
_ Uso de patróns e asistentes.
_ Deseño e creación de macros.
_ Importación e exportación de follas de cálculo.
_ Elaboración de bases de datos: formularios, listaxes, ordenación, filtros e protección de datos.
_ Elaboración e impresión de documentos de diversos tipos (orzamentos, facturas, inven tarios, etc.).
_ Uso de opcións de traballo en grupo, control de versións, verificación de cambios, etc.
BC4. Elaboración de documentos e patróns mediante procesadores de texto
_ Funcións básicas dun procesador de textos.
_ Estrutura dos documentos: divisións e seccións.
_ Elaboración de documentos de diversos tipos (manuais, partes de incidencias, etc.).
_ Estilos.
_ Formularios.
_ Creación e uso de patróns.
_ Inserción de obxectos, gráficos, táboas, follas de cálculo, hiperligazóns, etc.
_ Definición de idiomas e revisión ortográfica de documentos.
_ Importación e exportación de documentos.
_ Normas de seguridade, integridade e confidencialidade da información.
_ Combinación de documentos.
_ Traballo en grupo: comparación de documentos, versións de documento, verificación de cambios, etc.
_ Deseño e creación de macros.
_ Uso de software e hardware para introducir textos e imaxes.
BC5. Uso de bases de datos ofimáticas
_ Elementos das bases de datos relacionais.
_ Creación de bases de datos.
_ Manexo de asistentes.
_ Procura e filtrado da información.
_ Deseño e creación de macros.
Unidade formativa 3: multimedia
_ Código: MP0440_33.
_ Duración: 38 horas.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
_ RA1. Integra imaxes dixitais e secuencias de vídeo en documentos da empresa, utili zando aplicacións tipo e periféricos.
- CA1.1. Analizáronse os formatos de imaxes.
- CA1.2. Realizouse a adquisición de imaxes con periféricos.
- CA1.3. Traballouse con imaxes a diferentes resolucións, segundo a súa finalidade.
- CA1.4. Importáronse e exportáronse imaxes en diversos formatos.
- CA1.5. Analizáronse os tipos de formatos e códecs máis empregados.
- CA1.6. Importáronse e exportáronse secuencias de vídeo e audio.
- CA1.7. Capturáronse secuencias de vídeo cos recursos adecuados.
- CA1.8. Recoñecéronse os elementos dunha secuencia de vídeo.
- CA1.9. Elaboráronse guías básicas de tratamento de imaxes e vídeo.
- CA1.10. Investigáronse novas ferramentas e opcións de programas audiovisuais.
_ RA2. Elabora presentacións multimedia utilizando aplicacións específicas.
- CA2.1. Identificáronse as opcións básicas das aplicacións de presentacións.
- CA2.2. Recoñecéronse os tipos de vista asociados a unha presentación.
- CA2.3. Aplicáronse e recoñecéronse a tipografía e as normas básicas de composi ción, deseño e uso da cor.
- CA2.4. Deseñáronse patróns de presentacións.
- CA2.5. Creáronse presentacións.
- CA2.6. Importáronse e exportáronse presentacións.
- CA2.7. Deseñáronse e creáronse macros.
- CA2.8. Utilizáronse periféricos para executar presentacións.
- CA2.9. Aplicáronse métodos interactivos nas presentacións.
_ RA3. Xestiona a rede internet, manexando diferentes navegadores.
- CA3.1. Identificáronse os aspectos básicos de internet.
- CA3.2. Utilizáronse ferramentas de navegación.
- CA3.3. Identificáronse diversas aplicacións de internet para a empresa.
- CA3.4. Aplicáronse as medidas de seguridade necesarias.
_ RA4. Xestiona o correo e a axenda electrónica manexando aplicacións especificas.
- CA4.1. Identificáronse diversos tipos de contas de correo electrónico.
- CA4.2. Describíronse os elementos dun correo electrónico.
- CA4.3. Analizáronse as necesidades básicas de xestión do correo e da axenda elec trónica.
- CA4.4. Configuráronse contas de correo electrónico de diversos tipos.
- CA4.5. Conectáronse e sincronizáronse axendas do equipamento informático con dispositivos móbiles.
- CA4.6. Operouse co caderno de enderezos.
- CA4.7. Traballouse con todas as opcións de xestión de correo electrónico (etiquetas, filtros, cartafoles, etc.).
- CA4.8. Identificáronse diversos métodos de sinaturas corporativas.
- CA4.9. Subscribiuse a grupos de noticias relacionados coa economía e administra ción.
- CA4.10. Utilizáronse opcións de axenda electrónica.
- CA4.11. Utilizáronse manuais de asistencia ao usuario.
Contidos básicos
BC1. Integración de imaxes e vídeos en documentos
_ Elaboración de imaxes.
- Formatos, tipos e resolución.
- Uso de dispositivos para obter imaxes.
- Modificación dunha imaxe:
- Manipulación de seleccións, máscaras e capas.
- Uso de retoque fotográfico, e axustes de imaxe e de cor.
- Aplicación de filtros e efectos.
- Importación e exportación de imaxes.
- Uso de guías no tratamento de imaxes.
_ Manipulación de vídeos.
- Formatos de vídeo. Códecs.
- Importación e exportación de vídeos.
- Capturas de vídeo e audio.
- Secuencias de vídeo:
- Manipulación da liña de tempo.
- Selección de escenas e transicións.
- Introdución de títulos e audio.
- Uso de guías no tratamento de vídeos.
- Investigación de novas ferramentas audiovisuais.
BC2. Elaboración de presentacións
_ Utilidades dos programas de presentación.
_ Modos de visualización dunha presentación.
_ Recoñecemento de tipografías e normas básicas de composición, deseño e uso da cor.
_ Uso de patróns e asistentes. Patróns de diapositivas.
_ Deseño e edición de diapositivas:
- Formatación de diapositivas, textos e obxectos.
- Aplicación de efectos de animación e efectos de transición.
- Aplicación de son e vídeo.
_ Importación e exportación de presentacións.
_ Deseño e creación de macros.
_ Presentación para o público: conexión a un proxector e configuración.
_ Interactividade nas presentacións.
BC3. Xestión de internet e aplicación de medidas de seguridade
_ Xestión de internet:
- Conceptos básicos de internet.
- Navegadores.
- Identificación de diversas aplicacións de internet para a empresa: melloras nos pro cesos de negocios; xestión de provedores e clientes; edición electrónica; venda polo miúdo, etc.
_ Aplicación das medidas de seguridade necesarias:
- Riscos.
- Medidas preventivas.
- Tornalumes.
- Seguridade na web.
- Política corporativa de seguridade en internet.
BC4. Xestión de correo e axenda electrónica
_ Tipos de contas de correo electrónico.
_ Contorno de traballo: configuración e personalización dun correo electrónico.
_ Xestión do correo (enviar, borrar, gardar, facer copias de seguridade, etc.) e da axenda (citas, calendario, avisos, tarefas, etc.).
_ Configuración de contas de correo electrónico.
_ Patróns e sinaturas corporativas.
_ Foros de novas (news): configuración, uso e sincronización de mensaxes.
_ Caderno de enderezos: importar, exportar, engadir contactos, crear listaxes de distribu ción e pór a lista ao dispor doutras aplicacións ofimáticas.
_ Seguridade na xestión do correo: etiquetaxe, filtros, cartafoles, etc.
_ Sincronización con dispositivos móbiles.
_ Xestión de datos e seguridade das aplicacións da axenda electrónica.
_ Técnicas de asistencia ao usuario.
Orientacións pedagóxicas
Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de insta lación e explotación de aplicacións informáticas.
Esta función abrangue aspectos como:
- Procura de software de aplicación adecuado ao contorno de explotación.
- Instalación e configuración de aplicacións ofimáticas.
- Elaboración de documentos e patróns.
- Resolución de problemas na explotación das aplicacións.
- Asistencia ao usuario.
As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:
- Instalación, configuración e mantemento de aplicacións informáticas.
- Asistencia no uso de aplicacións informáticas.
A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), d), e), o), p) e s) do ciclo formativo, e as competencias a), b), c), k), m) e q).
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:
- Análise dos cambios e das novidades que se producen no mercado de aplicacións in formáticas.
- Instalación e actualización de aplicacións.
- Elaboración de documentos (manuais, informes, partes de incidencia, etc.).
- Asistencia e resolución de problemas na explotación de aplicacións.