MP0443 Módulo profesional: tratamento da documentación contable

_ Código: MP0443.

_ Duración: 105 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Prepara a documentación soporte dos feitos contables e interpreta a información que contén.

- CA1.1. Identificáronse os tipos de documentos soporte que son obxecto de rexistro contable.

- CA1.2. Comprobouse que a documentación soporte recibida conteña todos os rexis tros de control interno establecidos (sinatura, autorizacións, etc.) para o seu rexistro contable.

- CA1.3. Efectuáronse propostas para o arranxo de erros.

- CA1.4. Clasificouse a documentación soporte conforme criterios previamente esta blecidos.

- CA1.5. Efectuouse o procedemento de acordo cos principios de seguridade e confi dencialidade da información.

- CA1.6. Arquivouse a documentación soporte dos asentamentos seguindo procede mentos establecidos.

- CA1.7. Mantívose un espazo de traballo co grao apropiado de orde e limpeza.

_ RA2. Rexistra contablemente feitos económicos habituais, aplicando a metodoloxía contable e os criterios do plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas.

- CA2.1. Identificáronse as contas que interveñen nas operacións máis habituais das empresas.

- CA2.2. Codificáronse as contas conforme o PXC.

- CA2.3. Determináronse as contas que se cargan e as que se aboan, segundo o PXC.

- CA2.4. Efectuáronse os asentamentos correspondentes aos feitos contables máis ha bituais.

- CA2.5. Cubríronse os campos do libro de bens de investimento por medios manuais e/ou informáticos.

- CA2.6. Contabilizáronse as operacións relativas á liquidación do IVE.

- CA2.7. Realizáronse as copias de seguridade segundo o protocolo establecido para salvagardar os datos rexistrados.

- CA2.8. Efectuouse o procedemento de acordo cos principios de responsabilidade, seguridade e confidencialidade da información.

_ RA3. Contabiliza operacións económicas habituais correspondentes a un exercicio eco nómico completo, aplicando a metodoloxía contable e os criterios do plan de contabili dade.

- CA3.1. Identificáronse os feitos económicos que orixinan unha anotación contable.

- CA3.2. Introduciuse correctamente a información derivada de cada feito económico na aplicación informática de forma cronolóxica.

- CA3.3. Obtivéronse periodicamente os balances de comprobación de sumas e sal dos.

- CA3.4. Calculáronse as operacións derivadas dos rexistros contables que cumpra re alizar antes do pechamento do exercicio económico.

- CA3.5. Introducíronse correctamente na aplicación informática as amortizacións co rrespondentes, as correccións de valor reversibles e a regularización contable que corresponda a un exercicio económico concreto.

- CA3.6. Obtívose con medios informáticos o cálculo do resultado contable e o balan ce de situación final.

- CA3.7. Preparouse a información económica salientable para elaborar a memoria da empresa para un exercicio económico concreto.

- CA3.8. Elaborouse a memoria da empresa para un exercicio económico concreto.

- CA3.9. Verificouse o funcionamento do proceso, contrastando os resultados cos da tos introducidos.

_ RA4. Comproba as contas relacionando cada rexistro contable cos datos dos documen tos soporte.

- CA4.1. Verificáronse os saldos das contas debedoras e acredoras da Administración coa documentación laboral e fiscal.

- CA4.2. Cotexáronse periodicamente os saldos dos préstamos e dos créditos coa do cumentación soporte.

- CA4.3. Circularizáronse os saldos de clientes e provedores de acordo coas normas internas recibidas.

- CA4.4. Comprobáronse os saldos da amortización acumulada dos elementos do in mobilizado acorde co manual de procedemento.

- CA4.5. Efectuáronse os punteamentos das partidas ou asentamentos para efectuar as comprobacións de movementos ou a integración de partidas.

- CA4.6. Efectuáronse as correccións adecuadas a través da conciliación bancaria para que os libros contables e o saldo das contas reflictan as mesmas cantidades.

- CA4.7. Comprobouse o saldo das contas como paso previo ao inicio das operacións de pechamento do exercicio.

- CA4.8. Comunicáronse os erros detectados segundo o procedemento establecido.

- CA4.9. Utilizáronse aplicacións informáticas para a comprobación dos rexistros contables.

- CA4.10. Efectuouse o procedemento de acordo cos principios de seguridade e con fidencialidade da información.

 

Contidos básicos

 

BC1. Preparación de documentación soporte de feitos económicos

_ Documentación mercantil, laboral, fiscal e contable.

_ Interpretación contable dos documentos xustificantes da información contable.

_ Documentos xustificantes mercantís tipo.

_ Requisitos da lexislación mercantil na documentación contable.

_ Organización e arquivo dos documentos mercantís para os fins da contabilidade.

 

BC2. Rexistro contable de feitos económicos habituais

_ Existencias.

_ Operacións relacionadas con compras e vendas.

_ Gastos e ingresos.

_ Inmobilizado material: libro de bens de investimento; amortizacións; baixas.

_ Deterioración de valor.

_ Financiamento.

_ Contabilización e liquidación do IVE.

_ Cálculo do resultado.

_ Rexistro contable informático dos feitos económicos habituais.

 

BC3. Contabilización de operacións dun exercicio económico completo

_ Asentamento de apertura.

_ Rexistro contable de operacións diarias.

_ Balance de comprobación de sumas e saldos.

_ Axustes e regularizacións previos ao pechamento.

_ Conta de perdas e ganancias.

_ Balance de situación final.

_ Memoria.

_ Asentamento de pechamento.

 

BC4. Comprobación de contas

_ Comprobación dos rexistros contables coa documentación laboral e fiscal, coa bancaria e coa mercantil.

_ Punteamento.

_ Conciliación bancaria.

_ Comprobación nas aplicacións informáticas.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de re xistro contable.

Esta función abrangue aspectos como:

- Preparación e rexistro de documentos soporte.

- Rexistro de feitos contables habituais.

- Uso de aplicacións informáticas específicas.

- Aplicación da normativa contable.

- Operacións de apertura e pechamento contable.

- Comprobación e verificación da contabilidade.

 

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse nas tarefas de apoio da área contable de pequenas e medianas empresas de calquera sector de actividade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), f), g), h) e p) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), c), d) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Interpretación e rexistro contable de documentos soporte.

- Rexistro contable de feitos económicos habituais.

- Contabilización das operacións derivadas dun exercicio económico completo.

- Obtención do resultado do exercicio e contas anuais.

- Uso da aplicación informática contable.

- Control e verificación de rexistros contables cos documentos soporte.