Centro de formación profesional

La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
Arrow
Arrow
Arrow
Arrow
Slider

MP0449 Módulo profesional: formación e orientación laboral

_ Código: MP0449.

_ Duración: 107 horas.

 

Unidade formativa 1: prevención de riscos laborais

_  Código: MP0449_12.

_ Duración: 45 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias rela cionados coa seguridade e a saúde laboral.

- CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

- CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

- CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

- CA1.4. Comprendéronse as actuacións axeitadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

- CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lacta ción, e de menores.

- CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector admi nistrativo e financeiro.

- CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

_ RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector administrativo e financeiro.

- CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a preven ción nos ámbitos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico en xestión administrativa.

- CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

- CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil pro fesional de técnico en xestión administrativa.

- CA2.4. Identificáronse as situacións de risco más habituais nos ámbitos de traballo das persoas coa titulación de técnico en xestión administrativa.

- CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou si mulado, relacionado co sector de actividade do título.

_ RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as respon sabilidades de todos os axentes implicados.

- CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

- CA3.2. Clasificáronse os xeitos de organización da prevención na empresa en fun ción dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

- CA3.3. Determináronse os xeitos de representación das persoas traballadoras na em presa en materia de prevención de riscos.

- CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de ris cos laborais.

- CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

- CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da em presa, e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

- CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relaciona do co sector profesional da titulación de técnico en xestión administrativa.

- CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para nunha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

_ RA4. Determináronse as medidas de prevención e protección no contorno laboral da ti tulación de técnico en xestión administrativa.

- CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

- CA4.2. Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diver sos tipos.

- CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) axeitados ás situacións de risco atopadas.

- CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

- CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia, onde existan vítimas de diversa gravidade.

- CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

 

Contidos básicos

 

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral

_ Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

_ Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

_ Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en preven ción de riscos laborais.

_ Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de ris co no seu contorno laboral.

_ Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

 

BC2. Avaliación de riscos profesionais

_ Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómi cas e psicosociais.

_ Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que se poden derivar das con dicións de traballo e dos factores de risco detectados.

_ Riscos específicos no sector administrativo e financeiro en función das probables con secuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

_ Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector adminis trativo e financeiro.

 

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa

_ Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

_ Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

_ Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

_ Planificación da prevención na empresa.

_ Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

_ Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

_ Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

 

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa

_ Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

_ Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

_ Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

_ Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

 

Unidade formativa 2: equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego

_  Código: MP0449_22.

_ Duración: 62 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

- CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico en xestión administrativa e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

- CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

- CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a efi cacia do equipo de traballo.

- CA1.4. Empregáronse axeitadamente as técnicas de comunicación no equipo de tra ballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

- CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

- CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

- CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos, e coa participación responsable e activa dos seus mem bros.

_ RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e recoñé ceos en diferentes situacións de traballo.

- CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplica ción do dereito do traballo.

- CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións labo rais.

- CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

- CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

- CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

- CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional rela cionado co título de técnico en xestión administrativa.

- CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar, e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

- CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

- CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a ex tinción da relación laboral.

- CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

- CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de so lución.

- CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de orga nización do traballo.

_ RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as contin xencias cubertas, e identifica as clases de prestacións.

- CA3.1. Valorouse o papel da Seguridade Social como piar esencial do estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

- CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema da Seguridade Social.

- CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

- CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas da Seguridade Social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns su postos prácticos.

- CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos, e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico. 

_ RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

- CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

- CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás esixencias do proceso produtivo.

- CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros estados da Unión Europea.

- CA4.4. Valorouse o principio de nondiscriminación e de igualdade de oportunida des no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

- CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico en xestión administrativa.

- CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a activida de profesional relacionada co perfil do título, e seleccionouse a formación precisa para as mellorar e permitir unha axeitada inserción laboral.

- CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico en xestión administrativa.

- CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

- CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacio nados co título.

 

Contidos básicos

 

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo

_ Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

_ Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

_ Equipos no sector administrativo e financeiro segundo as funcións que desempeñen.

_ Dinámicas de grupo.

_ Equipos de traballo eficaces e eficientes.

_ Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabi lidade.

_ Conflito: características, tipos, causas e etapas.

_ Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

 

BC2. Contrato de traballo

_ Dereito do traballo.

_ Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións labo rais.

_ Análise da relación laboral individual.

_ Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

_ Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico en xestión administrativa.

_ Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

_ Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

_ Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

_ Sindicatos de traballadores e asociacións empresariais.

_ Representación das persoas traballadoras na empresa.

_ Conflitos colectivos.

_ Novos contornos de organización do traballo.

 

BC3. Seguridade Social, emprego e desemprego

_ A Seguridade Social como piar do estado social.

_ Estrutura do sistema de Seguridade Social.

_ Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

_ Protección por desemprego.

_ Prestacións contributivas da Seguridade Social.

 

BC4. Procura activa de emprego

_ Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativoprofesionais.

_ Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das per soas coa titulación de técnico en xestión administrativa.

_ Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

_ Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico en xestión administrativa.

_ Definición e análise do sector profesional do título de técnico en xestión administrativa.

_ Proceso de toma de decisións.

_ Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

_ Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumno ou a alumna se poidan inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector administra tivo e financeiro.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais r), s), t) e u) do ciclo formativo, e as competencias j), k), l), m), n), ñ), o), p), q) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

-       Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo profesionalizadores, en especial no referente ao sector administrativo e financeiro.

- Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

- Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

- Manexo de fontes de información, incluídos os recursos de internet para a procu ra de emprego.

- Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).

- Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

- Identificación de ofertas de emprego público ás que se poida acceder en función da titulación, e resposta á súa convocatoria.

- Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

- Estudo das condicións de traballo do sector administrativo e financeiro a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do con venio colectivo de aplicación no sector administrativo e financeiro.

- Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desen volvemento profesional.

- Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

 

O correcto desenvolvemento deste módulo esixe a disposición de medios informáticos con conexión a internet e que polo menos dúas sesións de traballo semanais sexan consecuti vas.