MP0665 Módulo profesional: Formación e orientación laboral

_ Equivalencia en créditos ECTS: 5

_ Código: MP0665.

_ Duración: 107 horas.

 

Unidade formativa 1: Prevención de riscos laborais

_  Código: MP0665_12.

_ Duración: 45 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas dos/as traballadores/as que se relacionan coa seguridade e a saúde laboral.

- CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

- CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

- CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

- CA1.4. Comprendéronse as actuacións axeitadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

- CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lacta ción, e de menores.

- CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector de ad ministración e xestión.

- CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

_ RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector de administra ción e xestión.

- CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a preven ción nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico superior en Asistencia á Dirección.

- CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

- CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil pro fesional de técnico superior en Asistencia á Dirección.

- CA2.4. Identificáronse as situacións de risco más habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico superior en Asistencia á Dirección.

- CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou si mulado, relacionado co sector de actividade.

_ RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as respon sabilidades de todos os axentes implicados. 

- CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

- CA3.2. Clasificáronse os xeitos de organización da prevención na empresa en fun ción dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

- CA3.3. Determináronse os xeitos de representación das persoas traballadoras na em presa en materia de prevención de riscos.

- CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de ris cos laborais.

- CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

- CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da em presa, e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

- CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relaciona do co sector profesional da titulación de técnico superior en Asistencia á Dirección.

- CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou me diana empresa do sector de actividade do título.

_ RA4. Determina as medidas de prevención e protección no contorno laboral da titula ción de técnico superior en Asistencia á Dirección.

- CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

- CA4.2. Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diver sos tipos.

- CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) axeitados ás situacións de risco atopadas.

- CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

- CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia, onde existan vítimas de diversa gravidade.

- CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

 

Contidos básicos

 

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral

_ Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

_ Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

_ Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en preven ción de riscos laborais.

_ Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de ris co no seu contorno laboral.

_ Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

 

BC2. Avaliación de riscos profesionais

_ Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómi cas e psicosociais.

_ Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que se poden derivar das con dicións de traballo e dos factores de risco detectados.

_ Riscos específicos no sector de administración e xestión en función das probables con secuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

_ Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector de admi nistración e xestión.

 

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa

_ Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

_ Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

_ Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

_ Planificación da prevención na empresa.

_ Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

_ Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

_ Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

 

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa

_ Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

_ Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

_ Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

_ Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

 

Unidade formativa 2: Equipos de traballo, dereito do traballo e da Seguridade Social, e procura de emprego

_  Código: MP0665_22.

_ Duración: 62 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

- CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico superior en Asistencia á Dirección e valoráronse as súas vanta xes sobre o traballo individual.

- CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

- CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a efi cacia do equipo de traballo.

- CA1.4. Empregáronse axeitadamente as técnicas de comunicación no equipo de tra ballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

- CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

- CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

- CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos, e coa participación responsable e activa dos seus mem bros.

_ RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e recoñé ceos en diferentes situacións de traballo.

- CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplica ción do dereito do traballo.

- CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións labo rais.

- CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

- CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

- CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

- CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional rela cionado co título de técnico superior en Asistencia á Dirección.

- CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar, e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

- CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

- CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a ex tinción da relación laboral.

- CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

- CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de so lución.

- CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de orga nización do traballo.

_ RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as contin xencias cubertas, e identifica as clases de prestacións.

- CA3.1. Valorouse o papel da Seguridade Social como piar esencial do Estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

- CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema de Seguridade Social.

- CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

- CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas de Seguridade Social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns su postos prácticos.

- CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos, e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

_ RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

- CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

- CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

- CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros estados da Unión Europea.

- CA4.4. Valorouse o principio de nondiscriminación e de igualdade de oportunida des no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

- CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico superior en Asistencia á Dirección.

- CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a activida de profesional relacionada co perfil do título, e seleccionouse a formación precisa para as mellorar e permitir unha axeitada inserción laboral.

- CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico superior en Asistencia á Dirección.

- CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

- CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacio nados co título.

 

Contidos básicos

 

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo

_ Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

_ Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

_ Equipos no sector de administración e xestión segundo as funcións que desempeñen.

_ Dinámicas de grupo.

_ Equipos de traballo eficaces e eficientes.

_ Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabi lidade.

_ Conflito: características, tipos, causas e etapas.

_ Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

 

BC2. Contrato de traballo

_ Dereito do traballo.

_ Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións labo rais.

_ Análise da relación laboral individual.

_ Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

_ Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico superior en Asistencia á Dirección.

_ Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

_ Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

_ Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

_ Sindicatos e asociacións empresariais.

_ Representación das persoas traballadoras na empresa.

_ Conflitos colectivos.

_ Novos contornos de organización do traballo.

 

BC3. Seguridade Social, emprego e desemprego

_ A Seguridade Social como piar do Estado social.

_ Estrutura do sistema de Seguridade Social.

_ Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de Seguridade Social.

_ Protección por desemprego.

_ Prestacións contributivas da Seguridade Social.

 

BC4. Procura activa de emprego

_ Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativoprofesionais.

_ Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das per soas coa titulación de técnico superior en Asistencia á Dirección.

_ Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

_ Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico superior en Asistencia á Dirección.

_ Definición e análise do sector profesional do título de técnico superior en Asistencia á Dirección.

_ Proceso de toma de decisións.

_ Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

_ Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado se poida inse rir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector de administración e xestión.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais ñ), o), p), q), s), t), u) e w) do ciclo formativo, e as competencias ñ), o), p), q), r), s) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo profesionalizadores, en especial no referente ao sector de administración e xestión.

- Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

- Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

- Manexo de fontes de información, incluídos os recursos de internet para a procu ra de emprego.

- Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).

- Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

- Identificación de ofertas de emprego público ás que se pode acceder en función da titulación, e resposta á súa convocatoria.

- Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

- Estudo das condicións de traballo do sector de administración e xestión a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do con venio colectivo de aplicación no sector de administración e xestión.

- Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desen volvemento profesional.

- Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión a internet e que polo menos dúas sesións de traballo semanais sexan consecuti vas.